OS PROFES

Pensamos que non se pode ensinar algo que non se practica: tanto María coma Iago somos profesionais activos. Como estamos sempre a aprender, sempre imos ter cousas novas que ensinar.

MARÍA VILAR COSTAS

Aka María De Ferreiro. Autora de cómics dende 2002 e ilustradora freelance dende o ano 2003, parte da súa obra está destinada ao público infantil e xuvenil. Imparte clases de debuxo de cómic dende 2008. En 2022, autopublica o seu primeiro álbum infantil: Morgan Gardaxoguetes. O seu cómic favorito é Blacksad, de Juanjo Guarnido e Juan Díaz Canales. É nai de nenos e gatos 24 horas ao día e 365 días ao ano.

Instagram: morgan_land_star

Facebook: Morgan LandStar

Facebook: María De Ferreiro

IAGO ARAUJO MOLINA

Técnico superior en Gráfica Publicitaria (Aula D, 2000-2003), é ilustrador freelance dende o ano 2000 e gran parte da súa obra está dedicada á elaboración de proxectos divulgativos no eido medioambiental, as ciencias e a cultura. É membro da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración). O seu cómic favorito é Nausicaä del Valle del Viento, de Hayao Miyazaki.

Instagram: iagoaraujomolina

Web: www.iiago.com