WELKAME!
Somos unha academia de cómic e debuxo dirixida por María Vilar e Iago Araujo, fundada en 2010 como Clases Cómic Vigo e renomeada como KAME en 2023.
As clases son para persoas de todas as idades, independentemente do nivel de debuxo. Pódese vir a:
— Aprender dende cero.
— Desenvolver un proxecto concreto: un cómic, un libro ilustrado, un porfolio, un concept para animación ou videoxogos etc.
— Practicar e mellorar en xeral: deseño de personaxes, anatomía, perspectiva, cor tradicional, debuxo dixital, narrativa etc.
Especializámonos no ensino personalizado e adaptámonos ao estilo e ás necesidades de cadaquén. Para garantir a atención constante, hai un máximo de 10 persoas por grupo e María e Iago estamos xuntos en todos os horarios.
HORARIOS
Estes son os horarios que temos de setembro a xuño, ambos os meses incluídos. Kame só pecha en Semana Santa. Durante os meses de xullo e agosto, os horarios cambian e haberá clases tamén á mañá.
Luns e mércores:
De 16:30 a 18:00 | De 18:10 a 19:40
Martes, xoves e venres:
De 16:30 a 18:00 | De 18:10 a 19:40 | De 19:50 a 21:20
Ollo! Só estamos na academia nos horarios de clase.
A reserva dos horarios farase seguindo a orde de confirmación de praza.
PREZOS E ENDEREZO
— 1 clase de 1 h 30 min á semana: 60,00 € ao mes.
— 2 clases de 1 h 30 min á semana: 100,00 € ao mes.
— 3 clases de 1 h 30 min á semana: 150,00 € ao mes.
Existe un desconto familiar:
— 1 clase de 1 h 30 min á semana para 2 persoas: 100,00 € ao mes.
— 1 clase de 1 h 30 min á semana para 3 persoas: 150,00 € ao mes.
É posible incorporarse ás clases en calquera momento do ano. Non cobramos matrícula nin inscrición.
Pódese vir probar unha clase sen compromiso.
As clases impártense na Rúa Abeleira Menéndez 26, en Vigo.
A VOSA CASA
Gústanos que a academia se convertese dende o comezo nun espazo no que compartir a cultura friki (e a cultura en xeral).
Na academia, temos unha biblioteca con clásicos e novidades chea de recomendacións para o noso alumnado. Ademais, organizamos periodicamente xornadas de debuxo, exposicións, conversas, eventos, fanzines etc.
KAME é un punto de encontro, unha casa onde persoas cos mesmos intereses nos coñecemos e creamos equipos de traballo, proxectos e amizades.