MÉTODO
No seu obradoiro de escultura e pintura de Florencia, Leonardo Da Vinci tiña escritas estas dúas palabras: ostinato rigore. Leonardo non se consideraba a si mesmo máis hábil nin máis listo ca os demais, só máis teimudo. Ostinato rigore significa que, para conseguir un bo resultado, precísase constancia, traballo, dedicación e vontade.
Cremos na práctica constante como base para a mellora. Mediante un temario flexible, imos orientando a aprendizaxe, con pequenos retos para que o alumnado sempre saiba como avanzar. Pero sobre todo cremos que non se pode aprender cando non se desfruta: queremos que nas nosas clases todo o mundo aprenda divertíndose.
Xa que estamos! Como tamén pensamos que non se pode ensinar algo que non che apaixona, aquí non hai profes con prexuízos contra o manga, os superheroes, os videoxogos ou o que sexa… Somos moi frikis!
ESTUDOS E PROFESIONALIZACIÓN
En KAME ofrecemos orientación sobre a oferta de estudos relacionados co cómic ou co debuxo, e tamén sobre como funcionan os principais mercados laborais relacionados coa imaxe.
É unha felicidade e un orgullo ver como o noso alumnado medra literal e artisticamente ao noso carón. Presenciamos como persoas que cando comezaron as clases case non chegaban á mesa de debuxo agora convertéronse en profesionais cun gran recoñecemento.